Monarquía e nación liberal: o caso de España

Barral Martínez, M. (2021): "Monarquía e nación liberal: o caso de España", en Artiaga Rego, A.; Balboa López, X.L:; Fernández Prieto, L. e Rico Boquete, E. (eds.),  Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea, Vigo, Xerais, p. 93-116

A figura dos reis europeos foi alterada por mor da Revolución francesa ao iniciarse un proceso de redefinición da institución monárquica no novo marco constitucional do liberalismo. Pero a disputa pola lexitimidade establecida entre monarcas, parlamentos e gobernos sería intensa ao longo do século XIX. Xa en 1815 o teórico francés Benjamin Constant estableceu como un dos dominios contidos nunha monarquía constitucional o “poder real” no sentido de valor mediador desde a neutralidade