Xustiza e azar: Un preito entre comunidades de montes

Balboa López, X. L. (2021): "Xustiza e azar: Un preito entre comunidades de montes", en Artiaga Rego, A.; Balboa López, X.L:; Fernández Prieto, L. e Rico Boquete, E. (eds.),  Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea, Vigo, Xerais, p.  55-92

Na historia agraria e das sociedades rurais, os estudos sobre a propiedade da terra representan unha parte esencial, cunha longa tradición que ofrece importantes resultados. As investigacións sobre os diferentes réximes de propiedade, desde as superposicións de dominios medievais e antigorreximentais ata as dicotomías contemporáneas entre o dominio público e a propiedade privada e plena, ocuparon e ocupan boa parte dos esforzos e das páxinas da historiografía agraria. Máis alá da dimensión xurídica, a comprensión de calquera réxime de propiedade conduce á definición dos dereitos de uso e acceso aos recursos, poñendo en mans de suxeitos concretos a dispoñibilidade dun ben determinado