A xustiza pola man. Violencia e conflitividade na Galicia contemporánea

Leira Castiñeira, F.J., Cabo Villacerde, M. (Eds.) (2021): A xustiza pola man. Violencia e conflitividade na Galicia contemporánea, Vigo, Xerais. 

A xustiza pola man» achega unha panorámica sobre as formas de conflitividade e violencia cotiá na Galicia contemporánea. Partindo dunha óptica común, inténtase comprender a sociedade a través dos conflitos e dunha das súas posibles derivacións, a violencia, entendida esta non como unha manifestación de irracionalidade, senón como síntoma das oposicións e loitas de poder inherentes a calquera comunidade. En definitiva, preténdese expoñer unha visión afastada dos estereotipos que afondan nunha Galicia resignada aos designios do poder imperante.