Ecos europeos na formación do nacionalismo galego. As Irmandades da Fala (1916-1923)

Villares Paz, R. et al. (2021): “Ecos europeos na formación do nacionalismo galego. As Irmandades da Fala (1916-1923), en Villares Paz, R.  Et al. (eds.) (2021): As irmandades da fala no seu tempo: Perspectivas cruzadas, Santiago de Compostela, CCG, p.  87-128

É idea admitida na literatura especializada que as Irmandades da Fala (IF), fundadas na cidade da Coruña en maio de 1916, son o punto de partida do moderno nacionalismo político da Galicia contemporánea. Vinculadas explicitamente á reivindicación da lingua galega no plano cultural e á procura dunha «autonomía integral» no plano político, a súa evolución ideolóxica e política foise decantando desde presupostos rexionalistas cara ao nacionalismo, definición que as propias IF adoptan na primeira asemblea política, realizada en Lugo en novembro de 1918.