Galeguismo, agro e agrarismo na Galicia da Segunda República

Cabo Villaverde, M. (2009): "Galeguismo, agro e agrarismo na Galicia da Segunda República”, Cuadernos de Estudios Gallegos, LVI nº 122, p.371-389.  

O Partido Galeguista (PG) foi creado en decembro de 1931 como expresión do nacionalismo galego durante a Segunda República (1931-1936). Con anterioridade, os nacionalistas galegos foron moi influíntes no eido cultural pero maiormente inoperantes dende o punto de vista político. O PG consideraba a agricultura e o campesiñado como unha prioridade, non só pola súa importancia obxectiva na economía e sociedade galegas dos anos trinta senón tamén porque eran vistos como os baluartes da identidade nacional. De feito, as características, necesidades e vías de desenvolvemento do sector agrario galego eran normalmente definidas en oposición ás do resto de España. É daquela comprensible que o PG tentase gañarse ás sociedades agrarias, e mesmo se pode afirmar que tiña moitos puntos en común cos chamados Partidos Agrarios doutras rexións europeas.