A cultura e o asociacionismo cívico na Coruña. Ente a oficialidade e a resistencia (1939-1979), Santiago, Fund. 10 de marzo

Gurriarán Rodríguez, R. (2019) (ed.): A cultura e o asociacionismo cívico na Coruña. Ente a oficialidade e a resistencia (139-1979), Santiago, Fund. 10 de marzo

A guerra civil arrombou calquera vestixio da riqueza asociativa herculina que, como na maior parte do Estado, vivira un tempo esplendoroso ata 1936. A ditadura puxo os medios para “evitar” calquera veleidade fora do marco político imposto polos vencedores. Na Coruña, especialmente, desenvolvérase un activismo cultural que prendera na sociedade local, con tradición, e se estendera a todas as capas xa desde comezos do século XX coa Universidade Popular, pasando logo polas acción das Irmandades da Fala e rematando coas dinámicas asociacións libertarias e outras agrupacións artísticas, ateneos, sociedades instrutivas e institucións culturais, mais os peculiares “apropositos”.