David Alonso Núñez
Contratado FPI
ORCID: 0009-0005-1498-4228
David Alonso Núñez (Ribadumia, 2002) é graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2024), ademais de posgraduado no Mestrado Interuniversitario en Historia Contemporánea pola mesma universidade (2025). A día de hoxe é investigador predoutoral en Historia Contemporánea na propia USC cun contrato FPI vencellado ao Proxecto Reconstruir y deconstruir los sistemas de innovacion agraria en el siglo XX. Evidencias historicas de la agricultura atlantica para un futuro sostenible (PID2024-155185NB-I00)
Na súa investigación doutoral, dirixida por Lourenzo Fernández Prieto e Daniel Lanero Táboas (USC), búscase analizar como os técnicos e enxeñeiros agrarios da ditadura franquista foron introducidos e socializados nas institucións e comunidades internacionais de innovación técnica. Así, asimilaron os discursos imperantes sobre a innovación agraria (claramente permeados pola ideoloxía innovadora dos Estados Unidos) pra posteriormente aplicalos no Estado español. A partir disto, preténdese examinala “Revolución Verde” dende unha perspectiva decolonial, é dicir, coma un esquema de actuación repetido en diferentes contextos e que mudou o noso mundo rural xunto coa nosa visión sobre o mesmo. O título da súa tese é: “Ciencia, técnicos e industrialización da agricultura atlántica europea (1945-2000): un enfoque histórico decolonial"