Noelia Parajuá Carpintero
Profesora Axudante Doutora, UdC
ORCID: 0000-0001-9202-308X
Noelia Parajuá Carpintero (Castroverde, 1992) é Doutora en Historia Económica (cum laude e Mención Internacional, 2023) pola Universidade de Barcelona na liña de historia agraria e ambiental. Máster Oficial en Internacionalización: aspectos Económicos, Empresarias e Xurídico-Políticos (Premio Extraordinario Fin de Máster, 2017) tamén pola Universidade de Barcelona.
Actualmente é Profesora Axudante Doutora na área de Historia e Institucións Económicas da Universidade da Coruña. Foi investigadora postdoutoral Juan de la Cierva (Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela e membro do CISPAC-Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais na liña historia e agroecoloxía (2025), e bolseira predoutoral FI da AGAUR-Generalitat de Cataluña (2019-2022).
A súa principal liña de investigación é a interacción entre sociedade e ecoloxía a partires do estudo dos sistemas alimentarios no período contemporáneo. Entre outras cuestións, investiga as dinámicas de produción e reprodución dos sistemas alimentarios, como estes se reproducen dentro do capitalismo e permiten ao mesmo tempo a reprodución deste último, así como a evolución destas relacións ao longo do tempo. A súa investigación é intrinsecamente interdisciplinar, combinando enfoques da Historia Rural, da Economía Política, Ecolóxica e Feminista, e da Agroecoloxía.
Foi investigadora visitante no grupo de Socioloxía Rural da Universidade de Wageningen, Países Baixos (2022). Participou en varios proxectos nacionais dende o seu doutorado, e como investigadora postdoutoral participou no proxecto europeo Next-Generation AGROSCALING dirixido a promover a transición agroecolóxica en Europa (2024).
Os seus traballos foron publicados en revistas científicas como Ecological Economics, Historia Agraria e a Revista de Economía Crítica, así como en revistas de divulgación como os Dosieres Ecosociales de FUHEM e os Dossiers Tècnics do Departament d'Acció Climàtica, Alimentació i Agenda Rural (DACC) da Generalitat de Catalunya. É coautora, xunto á Profesora Emérita da Universidade de Toronto Harriet Friedmann, da Entrada n. 62 –‘Food Regimes’– da Elgar Encyclopaedia of Food and Society [Hollow, L. et al. (eds.), 2025], e autora dun capítulo no libro Dynamics of the European Food System: A Multidisciplinary Approach [Aboim, L. et al. (eds.), forthcoming]. Os seus traballos tamén foron presentados en diversos congresos internacionais, incluíndo a International Degrowth Conference & Conference of the European Society for Ecological Econonmics, a conferencia da International Initiative for Promoting Political Economy (IIPPE), a Rural History Conference da European Society of Rural History (EURHO) e o Congreso de Historia Rural da Sociedade de Estudos de Historia Agraria (SEHA).
É membro do Consello Editorial da revista Historia Agraria (Q1), e entrevistadora habitual no podcast de divulgación Tiempos Agrarios desa mesma revista, e coordinadora do Agrarian Change Working Group articulado arredor da IIPPE e do Journal of Agrarian Change
.
Últimas publicacións
-
Food Regimes
Noelia Parajuá Carpintero