
Luis Toledo Machado
Investigador Posdoutoral Xunta de Galicia
0000-0001-5072-4478
Luis Toledo Machado (1994) é doutor en Historia Contemporánea pola Universidad Autónoma de Madrid (2023). Graduado en Historia (2016) e Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (2017) pola mesma institución.
Entre 2017 e 2022 foi beneficiario das Axudas para a Formación do Profesorado Universitario (FPU) e, actualmente, desfruta das Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia. Ten recibido os Premios Nacionais de Fin de Carreira de Educación Superior (Ministerio de Universidades), o Premio Extraordinario de Fin de Grao (Facultade de Filosofía e Letras da Universidad Autónoma de Madrid) e o Graduate Prize do Center for Communal Studies (University of Southern Indiana, EE. UU.).
A súa principal liña de investigación son as comunidades utópicas rurais da segunda metade do século XX no eido atlántico. Na actualidade, desenvolve unha investigación que leva por título “Utopía, comunidade e alternativas ecolóxicas. A «volta ao campo» na Lusofonía atlántica”.
Ten participado en diversos proxectos estatais, nos que destacan os do Equipo HISTOPIA, coordinado por Juan Pro Ruiz (CSIC). As súas aportacións científicas teñen aparecido en revistas coma Journal of Iberian and Latin American Studies, Historia Contemporánea ou El Futuro del Pasado. En 2019 realizou unha estadía na Universidade de Princeton (EE. UU.). Entre outubro de 2024 e setembro do 2025 visitará o Laboratório História e Natureza (LabHeN) da Universidade Federal do Rio de Janeiro (Brasil).