Paula Baliño Rodríguez
IFP
0009-0008-2888-684X
Paula Baliño Rodríguez (Ourense, 2003) é titulada no grao de Historia de la Universidade de Santiago de Compostela (2025) e no Mestrado de Historia Contemporánea da mesma universidade (2026). Ao longo da súa formación recibiu varias bolsas, entre elas a bolsa de colaboración do Ministerio de Educación. En 2026 recibiu o Premio á Calidade Lingüística polo seu Traballo de Fin de Mestrado “A persecución xudicial golpista contra
as mulleres galegas: un achegamento ás dinámicas de xénero”. Nel estudou a presenza feminina na causas militares abertas polos golpistas durante a guerra civil en Galiza (1936-1939).
Actualmente, acaba de iniciar o programa de doutoramento na USC. A súa tese está dirixida por Miguel Cabo Villaverde (USC). Nela estuda a participación das mulleres no asociacionismo católico e conservador en Galiza dende a aprobación da Lei de Asociacións (1887) ata o estalido da guerra civil. Igualmente, pretende ver cal foi o papel destas mulleres durante este conflito e nos primeiros anos da ditadura