Actualidade

Premio Valentin Paz-Andrade a unha tese do Grupo HISTAGRA

Premio Valentin Paz-Andrade a unha tese do Grupo HISTAGRA A tese do investigador de HISTAGRA Bruno Esperante Paramos, ven sido recoñecida co premio Valentín Paz-Andrade de Investigación en economía de Galicia por unanimidade. O premio, dotado con 1.000 euros, concédeo anualmente o IDEGA e o Consello Económico e Social de Galicia (CES). O traballo premiado foi "A moto-mecanización da agricultura en Galiza (1939-2000): Políticas de innovación, mercados e comunidades labregas", investigación dirixida por Lourenzo fernández Prieto e Daniel Lanero Táboas e defendida na Facultade de Xeografía e Historia en febreiro de 2020 coa cualificación de Sobresaínte. Sobre o premio: https://www.usc.es/gl/institutos/idega/premios/valentin-paz-andrade-2019.html Sobre o autor: http://histagra.u...
  • Unha publicación de HISTAGRA entre as mellores do ano 2020

    Unha publicación de HISTAGRA entre as mellores do ano 2020 O traballo do investigador de HISTAGRA Francisco J. Leira Castiñeira,  Soldados de Franco. Reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar, ven de ser escollido polo xornal El Español, como un dos dez libros...
  • MUNDOS RURAIS EMERXENTES: NOVAS ENCRUCILLADAS E RETOS FUTUROS

    Encontros de investigación 2020 “MUNDOS RURAIS EMERXENTES: NOVAS ENCRUCILLADAS E RETOS FUTUROS” Os encontros de investigación “Mundos Rurais Emerxentes”, organizado polo Grupo de Estudos Territoriais (GET) da Universidade da Coruña, indagan nos recentes procesos de  desconfiguración e...