Actualidade

Investigador de HISTAGRA consegue o X Premio de Investigación 2025 HUME

Gael U. Proupín Cantelar, investigador de HISTAGRA acada o X Premio de Investigación HUME, 2025 O X Premio de Investigación HUME 2025, organizado pola Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume das Pontes (A Coruña), recoñeceu os traballos que profundan na historia e sociedade da comarca durante a posguerra e o réxime franquista.   O fallo do xurado outorgou o primeiro premio a Gael Uxío Proupín Cantelar, investigador predoutotal de HISTAGRA-CISPAC polo traballo: O exército negro da autarquía: corrupción, estraperlo e intervencionismo nas Pontes e comarca. Obtivo a máxima puntuación do xurado, que destacou a súa achega innovadora e o seu marcado enfoque social. A investigación evidencia a resiliencia e capacidade de adaptación da poboación produtora, que desenvolve...
  • Resumos Ciclos de conferencias HISTAGRA 2025-2026

    Resumos Ciclos de conferencias HISTAGRA 2025-2026 Rematado o curso 2025-2026 publicamos o resumo e unha escolma de fotografías das actividades levadas a cabo por HISTAGRA no Ciclo Seminarios  e Pasados Incómodos 2025-2026. Os  Seminarios de  HISTAGRA  son  un ...
  • Entrega premio Trasalba 2026 a Ramón Villares

    Entrega premio Trasalba 2026 a Ramón Villares O sábado 27 de xuño as 12:30 h. o investigador de HISTAGRA, Ramón Villares, recibirá o premio Trasalba 2026 na Casa Museo Otero Pedrayo, en Trasalba (Amoeiro). Os actos comezarán coa laudatio de Rosario Álvarez e de seguido a actuación musical...
  • Presentación resultados: Traballos de exhumacións fosa do Val (Narón)

    Presentación resultados: Traballos de exhumacións fosa do Val (Narón) Nos anos 2023 e 2024 realizáronse intervencións no cemiterio parroquial de Santa María do Val de Narón para localizar e avaliar o estado de conservación dunha das fosas máis grandes de Galicia con preto de 51 asasinatos reali...
  • Publicación do Premio Miguel Artola da Asociación Historia Contemporánea 2025

    Publicación do Premio Miguel Artola da Asociación Historia Contemporánea 2025. Isidro Román lago En xuño de 2025 o xurado dos premios Miguel Artola á mellor tese doutoral de historia, formado por Carme Molinero, Mónica Moreno, María Cruz Romeo, Rafael Quirosa-Cheyrouze e Juan Pan-Montojo outorg...