HISTAGRA na Exposición Juana de Vega

HISTAGRA participa na exposición Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina: facer no século

 

O Grupo HISTAGRA a través do investigador Xosé Ramón Veiga Alonso, participa na exposición Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina: facer no século, que se inaugura o próximo día 8 de febreiro ás 13 h. no claustro alto do Pazo de Fonseca.

 

A USC e a Fundación Juana de Vega presentan esta exposición con motivo do 150 aniversario da morte da activista e escritora liberal

 

Como parte dos actos conmemorativos do 150 aniversario da morte da autora, a Fundación que leva o seu nome e a Cátedra Juana de Vega da USC promoven a mostra 'Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina: facer no século', que se inaugurará o mércores 8 de febreiro ás 13 horas e  permanecerá no Claustro Alto do Colexio de Fonseca ata o 5 de abril. 

Con entrada de balde, a exposición poderá ser visitada de luns a sábado en horario de 11 a 14 horas e de 17.00 a 20.30 horas. 

 

O acto está presidido pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, dona Mª del Pilar Murias
Fernández., e intervirán Xosé Ramón Veiga Alonso, comisario da exposición e investigador de HISTAGRA, Luisa Muñoz Abeledo, directora da Cátedra Juana de Vega e Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega.
 

Datos:

 

Día: 8-febreiro-2023

Hora: 13.00 h.

Lugar: Claustro Superior Pazo de Fonseca

 

Máis información:

 

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/eventos/juana-vega-condesa-espoz-mina-facer-seculo