Obradoiro “Investigación-acción participativa nas paisaxes históricas”.

HISTAGRA organiza o obradoiro “Investigación-acción participativa nas paisaxes históricas”
O Grupo HISTAGRA, xunto ao CISPAC, organizan o obradoiro “Investigación-acción participativa nas paisaxes históricas”. O acto está organizado no marco das actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza para 2023. Esta sesión de traballo pretende xuntar diferentes experiencias de investigación-acción participativa para poñer en común traxectorias, metodoloxías e oportunidades.
A primeira parte do obradoiro consistirá na presentación de tres proxectos. O primeiro poñente será Pablo López Gómez, arqueólogo e intérprete do patrimonio do grupo LLABOR e do Centro D’Investigación y Ecomuséu La Ponte. Logo participará Jaime Izquierdo Vallina, actual Comisionado para o Reto Demográfico do Goberno de Asturias, que presentará o proxecto do Sistema Agroecológico Local de Moal. En terceiro lugar falará Roque Sanfiz Arias, investigador predoutoral (Histagra, USC) e membro do equipo de traballo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.
A continuación, abrirase un tempo de debate moderado por David Fontán Bestilleiro (Histagra, USC), tamén investigador predoutoral e membro do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.
Datos:
Día: 2-2-2023
Hora: 11:00 h.
Lugar: Ecoespazo do CISPAC (Edificio Fontán, CdC)
Máis información:
https://cispac.gal/posts-actualidade/obradoiro-de-investigacion-accion-participativa-nas-paisaxes-historicas/