HISTAGRA presente no 2º Ciclo de Teses en Discusión do CISPAC

O Investigador de HISTAGRA Xurxo Antelo participa no Ciclo de Teses en Discusión do CISPAC

 

O martes 13 de decembro ás 10:30 o inves¡tigador de HISTAGRA Xurxo Antelo Alvite presentará o proxecto de tese "Clientelismo político e poderes locais no mundo rural galego da transición democrática" dentro do Ciclo Teses en Discusión do CISPAC.

 

Con anterioridade, a investigadora do CISPAC Nuria Romero Vidal (09:30h) fará o mesmo coa investigación en curso "Del árbol al objeto. Estudio arqueológico, antropológico y arqueobotánico de la cultura material en madera de Gunayala (Panamá)"

 

Ambas presentacións realizaranse no Lar do CISPAC (Edificio Fontán, 2º andar)

 

Sobre Xurxo Antelo

 

Xurxo Antelo Alvite (Outes, 1996), é graduado en Ciencias Políticas e da Administración (2018) e Máster en Historia Contemporánea (2019) na Universidade de Santiago de Compostela, cunha estancia na Universidade César Vallejo (2017; Perú).

                                                              

Actualmente realiza a tese doutoral en Historia Contemporánea na USC, investigación na que aborda a estudo das elites e o clientelismo político na Transición á democracia en Galicia, centrándose nos usos patrimonios do poder político dende unha perspectiva local e ruralista. 

 

Datos:

 

Día: 13-12-2022.

Hora: 9:30-11:00

Lugar: Lar do CISPAC (Edif. Fontán, 2º andar)