HISTAGRA no Ciclo de teses en discusión do CISPAC

Investigadores de HISTAGRA participan na 1ª Sesión do Ciclo de teses en discusión do CISPAC
O próximo luns día 28 de novembro ás 12 da maña no CISPAC terá lugar a primeir aedición do Ciclo de tesesen discusión do CISPAC no que participa a investigadora visitante de HISTAGRA Lissy Villalobos (Universidad de Costa Rica) onde nos presentará a súa tese en proceso, Turismo global en la Costa Rica rural: relaciones entre el cambio agrario y las políticas turísticas, 1971-2009. Será presentada polo IP de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto.
Nesta mesma sesión o Dr. en Historia Contemporánea e investigador de HISTAGRA Telmo Otero presentará a súa tese, calificada con sobresaínte cun laude e lida o 29 de setembro, Transformacións da agricultura galega a través da especialización leiteira: ruptura coa innovación labrega, industria láctea e modernización. (1900-1980). Será presentado polo investigador de HISTAGRA Daniel Lanero.
Datos:
Data: 28-11-2022
Hora: 12 h
Lugar: Lar do CISPAC (Edificio Fontán, CdC)