Presentación libro: 1936, Un nuevo Relato en Madrid. 29-11-2022

PRESENTACIÓN PUBLICACIÓN DO GRUPO HISTAGRA: 1936. UN NUEVO RELATO

 

O próximo día 29 de novembro ás 19:30 h. presentaremos o libro 1936. Un nuevo relato no Centro Cultural La Corrala (C/ Carlos Arniches, 3-5. Madrid)


 

No acto estará unha representación dos/as autores/as: Dolores Vilavedra Fernández, Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Miguez Macho e Jesús Izquierdo Martin. Ademais, contaremos coa intervención especial  do Fiscal General do Estado Álvaro García Ortiz
 


 

Sobre o libro:

 

Neste libro queremos definir as bases para construír un novo relato porque o dispoñible, o dominante, non nos convence: pasou da vitoria á reconciliación, atopou ás vítimas pero aínda non é capaz de mirar aos verdugos nin de situar a superioridade da democracia fronte á ditadura. Como afrontar na conciencia pública do presente o período de guerra e ditadura é un reto maior que pon en cuestión a identidade histórica e política do actual Reino de España. A pesar do paso do tempo, corenta máis corenta anos, segue dominando un relato de guerra civil construído sobre a vitoria e a derrota dos seus protagonistas. Sobre a súa experiencia, intereses, posicións e explicacións políticas. Un relato manexado en última instancia polos vencedores: remodelado e acomodado a sucesivos presentes. Gañadores na guerra e no relato da vitoria. O seu é o relato dos verdugos.

 

Sobre os/as autores/as:

Esta obra, produto dun traballo de autoría colectiva, foi escrita por: Antonio Cazorla, profesor de Historia Contemporánea (Trent University), Carlos Gil Andrés, profesor de Historia (IES Inventor Cosme García de Logroño), Jesús Izquierdo, profesor de Historia (Universidad Autónoma de Madrid), Germán Labrador profesor en el Department of Spanish and Portuguese (Princeton University), Ángel Loureiro, profesor en el Department of Spanish and Portuguese (Princeton University), Miguel Anxo Murado (escritor, periodista y guionista), Lourdes Otaegi, profesora de Teoría Literaria y Literatura Comparada (Universidad del País Vasco), María Jose Olaziregi, profesora de Lingüística y Estudios Vascos (Universidad del País Vasco) Sergio Riesco, profesor de Historia (IES La Cabrera, Madrid), Carlos Teijo, profesor de Derecho Internacional Público y Relaciones Internacionales (Universidade de Santiago de Compostela), Lourenzo Fernández Prieto, profesor de Historia Contemporánea (Universidade de Santiago de Compostela), Antonio Miguez Macho, profesor de Historia Contemporánea (Universidade de Santiago de Compostela) e Dolores Vilavedra Fernández, profesora de Literatura Gallega (Universidade de Santiago de Compostela).


Datos:

 

Título: Presentación libro 1936. Un nuevo relato

Data: 29-11-2022

Lugar: Centro Cultural La Corrala (R/ Carlos Arniches, 3-5. Madrid)

Hora: 19:30

Interveñen: Dolores Vilavedra Fernández, Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Miguez Macho (HISDTAGRA) e Jesús Izquierdo Martin.

Documentos