HISTAGRA no II Seminar Days / Días de parolada do CISPAC

HISTAGRA participa no II Seminar Days do CISPAC

 

O xoves 17 de novembro celébrase o II Seminar Day do CISPAC, no que se presentarán as liñas de traballo do Grupo HISTAGRA: O proxecto “Novos modelos de hortas en Lugo e a súa contorna: saberes agroecolóxicos, seguridade alimentaria e resiliencia local” do que é IP Ana Cabana Iglesia e a Estratexia Alimentaria Participativa do Eo – Eo Alimenta e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza, do que é IP LOurenzo Fernández Prieto. Ademais, tamén coñeceremos a liña de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP) da Universidade da Coruña.

 

Baixo o título: "Territorios, saberes e resilencias para un manexo produtivo e sustentable", os investigadores do Grupo HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto, Ana Cabana Iglesia e David Fontán Bestilleiro, presentarán as investigacións que se están a desenvolver nos proxectos sobre as hortas en Lugo e a súa contorna, a estratexia Eo Alimenta que foi renovada recentemente e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza tamén renovado para 2023.

 

Datos:

 

Título do ciclo: Seminar Days 

Título da intervención: Territorios, saberes e resilencias para un manexo produtivo e sustentable

Participantes de HISTAGRA: Lourenzo Fernández Prieto, Ana Cabana Iglesia e David Fontán Bestilleiro

Data: 17/11/2022

Hora: 09:40-13:00

Lugar: Seminario 103. Primeiro Andar. CISPAC. Edificio Fontán (CdC)

 

Para saber máis:

 

https://cispac.gal/wp-content/uploads/2022/11/Programa-17-11.pdf

 

https://histagra.usc.es/gl/investigacion/tipo/proyectos-de-investigacion

 

https://histagra.usc.es/gl/investigacion/tipo/contratos-de-id-con-administracions-e-empresas

 

 

Documentos