HISTAGRA no workshop "A ecoloxía política das paisaxes"

HISTAGRA participa no workshop "A ecoloxía política das paisaxes" onganizado no CISPAC 

 

O próximo venres día 28 de outubro ás 09:45 a investigadora de HISTAGRA Stefania Barca e o investiagor de HISTAGRA Carlos Benitez organizan o workshop "A ecoloxía política das paisaxes", que se celebrará no CISPAC toda a xornada.

 

Tamén participa no mesmo como comentarista dunha das sesións o investigador en formación David Fontán.

 

A xornada de traballo está organizada ao aveiro dos proxectos Indixenismo desarrollista e mobilización indíxena no Brasil contemporáneo:imaxinarios sociais, conflitos medioambientais e loita política (IP Carlos Benítez Trinidad) e Retención e captación de talento: Axuda consolidación investigación programas Accións I+D (xunta 2022) (IP Stefania Barca)

 

Este obradoiro ten como eixo de discusión uns dos campos do saber que máis potencialidade ten para xerar coñecemento no seo do CISPAC: a ecoloxía política. Dentro deste campo de estudo priviléxiase tanto unha investigación interdisciplinar como unha epistemoloxía holística para entender aspectos como os conflitos ambientais, as desigualdades no acceso aos recursos e os niveis de contaminación, as políticas ambientais, as redes de resistencia e movementos sociais e as potencialidades e desafíos da transición ecolóxica. Demostrando, en si mesmo, a súa potencialidade como campo xerador para o estudo das paisaxes.

 

Así mesmo, ten como obxectivo debater o enfoque da ecoloxía política (como caixa de ferramentas conceptuais e metodolóxicas) para o estudo das paisaxes, centrándose na relación entre os cambios da paisaxe e as configuracións cambiantes de poder (relacións de propiedade, raciais, de clase e de xénero) en diferentes contextos. Cruzando todos os campos de investigación do CISPAC (produción, poboación, gobernanza e turismo), formará a base para un frutífero intercambio de ideas para mellorar as sinerxías para proxectos e iniciativas nacionais e internacionais. Por tanto, espérase que desta actividade xurdan ideas, propostas e colaboracións científico-técnicas tanto entre investigadores/as do propio CISPAC, como centro emerxente, como con outros/as investigadores/as, centros e proxectos nacionais e internacionais.

 

O obradoiro está estruturado como unha oportunidade para presentar tanto enfoques consolidados como perspectivas emerxentes na Ecoloxía Política das paisaxes. Por iso, proponse un panel de invitados de diferentes contextos e etapas profesionais; o obradoiro levará a cabo en dúas sesións, cada unha con dúas presentacións de oradores/as invitados/as, discutidas por comentaristas do CISPAC e seguidas dun debate xeral.

 

O evento terá lugar nas instalacións do CISPAC, no edificio Fontán da Cidade da Cultura e, aínda que contará coa presenza de varios/as expertos/as internacionais e nacionais, está enfocado para ser unha reunión científica interna do propio centro de investigación. Por iso, está enmarcado na categoría de Reunión Científica non internacional.

 

Datos:

 

Título: A ecoloxía política das paisaxes

Coordinador@s: Stefania Barca, Carlos Benítez  (HISTAGRA-CISPAC) e Rocío Hiraldo

Data: 28/10/2022

Hora: 9:45-18:00

Lugar: CISPAC. Edificio Fontán

 

Documentos