HISTAGRA inaugura a Cátedra Josep Fontana

HISTAGRA, a través do Catedrático Ramón Villares, estará na presentación da Cátedra Josep Fontana na Universitat Pampeu Fabra

 

O investigador de HISTAGRA Ramón Villares Paz, é o encargado de presentar a Cátedra Josep Fontana da Universitat Pompeu Fabra o próximo 3 de outubro ás 12 da maña no Campus de la Ciutadella (Ramon Trias Fargas, 25-27, Barcelona)

 

Co título O maxisterio historiográfico de Josep Fontana, o investigador de HISTAGRA Ramón Villares ofrecerá unha visión de Fontana como historiador e as grandes liñas do seu traballo. Incluirá, ademais, unha reflexión teórica e unha valoración editorial, e finalizará cun balance do maxisterio intelectual.

 

Máis información:

 

https://www.upf.edu/web/humanitats/catedra-josep-fontana

 

 

Documentos