HISTAGRA no Congreso AS OUTRAS PROTAGONISTAS DA TRANSICIÓN. A Coruña, setembro/Outubro 2022

O Investigador de HISTAGRA Daniel Lanero participa no III Congreso As Outras Protagonistas da Transición

 

O 30 de setembro e o 1 de outubro, o investigador de HISTAGRA Daniel Lanero participa no III Congreso As Outras Protagonistas da Transición, Ruptura democrática, esquerda radical e mobilizacións sociaisorganizado pola Cátedra  de Memoria Histórica da UdC.

 

A participación de Lanero Táboas será o sábado día 1 ás 12:30 h cunha intervención que versa sobre "Sindicalismo agrario e obreiro na Galiza da Transición" e estará acompañado polo historiador Bernardo Máiz.

 

O IP de HISTAGRA, Lourenzo fernández Prieto forma parte do Comité Científico.

 

As liñas temáticas do congreso son: Política, sindicalismo, feminismo, ecoloxismo, asociacionismo, lingua e cultura, prensa, música e creación.

 

Máis datos:

 

Datas: 30 de setembro e 1 de outubro de 2022

 

Lugar: Centro Universitario de Riazor, A Coruña

 

Coordinación: Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, director da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña

 

Colaboran: Instituto Galego de Historia; Murguía, revista Galega de Historia, Fundación Salvador Seguí, Centre d'estudis sobre Dictadures i Democracies (CEDID-UAB)

 

 

Documentos