Histagra no XIX World Economic History Congress. Paris, 2022

HISTAGRA participa no XIX World Economic  History Congress

 

Entre o 25 e o 29 de xullo de 2022 celébrase en París a XIX sesión do  Economic  History Congress

 

Nesta ocasión, a temática principal xira ao redor dos recursos naturais: "Consideramos os recursos naturais e modificados, renovables e non renovables, materiais, inmateriais e enerxéticos, así como os seus descubrimentos, esgotamento, reciclaxe, limitacións e límites. Incluímos tamén a parte de man de obra, habilidades e formación involucrada na súa explotación, a dinámica institucional e a implicación do coñecemento científico, técnico, financeiro e dixital."

 

Histagra estará presente co traballo: "Adaptive management of landscape in a peasant society. Institutions and use of resources in Barbanza peninsula, Galicia (NW Spain) since nineteenth century", cuxa autoría son os investigadores de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e David Fontán Bestilleiro, xunto a David Soto Fernández, Francisco G. Quiroga e Ricardo Suárez.

 

A contribución está baseada nos conclusións obtidas no traballo do Laboratoio Ecosicial do Barbanza.

 

Máis información:

 

https://www.wehc2022.org/program-details/institutions-for-collective-action-social-capital-and-the-management-of-natural-resources-in-historical-perspective-latin-europe-and-latin-america