Investigadores/as de HISTAGRA forman parte do CISPAC

Investigadores/as de HISTAGRA formarán parte do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) 

 

@s investigador@s Stefania Barca, Carlos Benítez Trinidad, Ana Cabana Iglesia, Miguel Cabo Villaverde, Daniel Lanero Táboas, Antonio Miguez Macho, Eduardo Rico Boquete e Lourenzo Fernández Prieto que amais é o Director-Comisario, formarán parte do CISPAC nos próximos anos como investigadores e investigadoras.

 

A misión do CISPAC é a investigación sobre as paisaxes desde unha perspectiva transdisciplinar, na procura de dar respostas epistémicas aos retos contemporáneos, para producir dende o coñecemento outra forma de ollar e traballar a paisaxe, o patrimonio e a produción, dende a identidade, a participación e sustentabilidade. Organizándose ao redor de grandes campos de investigación que atenden a preguntas e que se desenvolverán a través de proxectos, baixo á vocación da transdisciplinariedade. Un centro de investigación deseñado para crear novo coñecemento dende unha destacada aposta polo capital humano, a transferencia social do coñecemento e a prestación de servizos.

https://cispac.gal/

 

A presenza de oito membros do Grupo HISTAGRA no Centro supón un paso máis na consolidación da investigación que levamos desenvolvendo desde 2006 cando o SUG nos catalogou como Grupo de Referencia Competitiva. entre tod@s, acumulan decenas de publicacións e varios proxectos de I+D e convenios, así como teses de doutorado demais traballos académicos dirixidos.

 

CISPAC 

https://www.youtube.com/watch?v=kqK6n9ovW3Y

 

Campos de estudo:

 

1-      Paisaxes que teñen xente | Sociedade, demografía e territorio

https://www.youtube.com/watch?v=ZgxcyXN9T7Q

 

2-      Paisaxes que producen | Mundo rural, alimentación e transición verde

https://www.youtube.com/watch?v=ZHGeH-_BX04

 

3-      Paisaxes visitadas | Modelos turísticos e Camiño de Santiago

https://www.youtube.com/watch?v=CJL26w4XrSw

 

4-      Paisaxes que se gobernan | Comunidades, participación social e gobernanza

https://www.youtube.com/watch?v=EVduzNCG_eg

 

5-      Paisaxes que teñen patrimonio | Patrimonio, identidade e cultura 

https://www.youtube.com/watch?v=Eh2IuF0plcY