Presentación: 1936. Un Nuevo relato. A Coruña, 9-6-2022.
Presentación do libro: 1936. Un nuevo relato na Coruña
O próximo xoves día 9 de xuño, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña, presentaremos o libro 1936. Un nuevo relato, coa participación dos editores da publicación Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez Macho e da presidenta de honor da Fundación Juan Negrín, Carmen Negrín. Serán presentados polo presidente do Ateneo Republicano de Galicia e institución organizadora do acto, Juan Alvajar.
Sobre o libro:
Neste libro queremos definir as bases para construír un novo relato porque o dispoñible, o dominante, non nos convence: pasou da vitoria á reconciliación, atopou ás vítimas pero aínda non é capaz de mirar aos verdugos nin de situar a superioridd da democracia fronte á ditadura. Como afrontar na conciencia pública do presente o período de guerra e ditadura é un reto maior que pon en cuestión a identidade histórica e política do actual Reino de España. A pesar do paso do tempo, corenta máis corenta anos, segue dominando un relato de guerra civil construído sobre a vitoria e a derrota dos seus protagonistas. Sobre a súa experiencia, intereses, posicións e explicacións políticas. Un relato manexado en última instancia polos vencedores: remodelado e acomodado a sucesivos presentes. Gañadores na guerra e no relato da vitoria. O seu é o relato dos verdugos.
https://histagra.usc.es/gl/publicacions/502/1936-un-nuevo-relato
Datos:
Título: Presentación libro, 1936. Un nuevo relato
Data: 9-6-2022
Hora: 19:30 h.
Lugar: Casa Museo Casares Quiroga. R/ Panaderas, 12
Organiza: Ateneo Republicano de Galicia
Interveñen: Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez Macho (eds.) e a presidenta de honor da Fundación Juan Negrín, Carmen Negrín.