Pesar polo falecemento da investigadora de HISTAGRA Lydia Barrós

Falecemento de Lydia Barrós, investigadora en formación de HISTAGRA

 

Desde o Grupo HISTAGRA, @s investigador@s, persoal técnico e colaboradores, queremos manifestar o noso pesar polo falecemento da compañeira Lydia Barrós, acontecedio neste mes de maio.

 

Lydia, estaba a facer a súa investigación de doutorado baixo a dirección do Dr. Miguel cabo Villaverde, traballo que estba a piques de ser lido no próximo mes de xullo. 

 

Baixo o título, "A educación como factor nacionalizador na dictadura de Primo de Rivera", a investigadora analizaba como desde a educación, a ditadura de Primo de Rivera fomentou o nacionalismo español:

 

"O Desastre do 98 supuxo un duro golpe non so para o goberno do Estado senón tamén para o propio sentimento nazonal español, que vía desaparecelos derradeiros restos do seu imperio ultramarino ó meso tempo ca antiga metrópole sufría o desgaste do sistema turnista da Restauración. O golpe de estado e a posterior dictadura de Miguel Primo de Rivera se presentaron coma un intento de rexeneración da nazón española procurando a implicazón popular a través dun partido político, a Unión Patriótica e unhas forzas paramilitares, o Somatén. No seu intento de conformar unha nazón oposta á do parlamentarismo borbónico leváronse a cabo intentos por inculcalos valores nacional-católicos en tódolos sectores da poboación a través do exército e o sistema educativo".

 

@s que formamos parte do grupo HISTAGRA, queremos unirnos á familia, amigos e compañeiros de Lydia,nestes momentos tan dolorosos.