Presentación da publicación 1936. Un nuevo relato

Presentación da publicación 1936. Un nuevo relato

 

O martes 24 de maio de 2022, ñas 19:30 h. terá lugar no Ateneo de Santiago (Rua do Vilar, 19) a presentación da publicación 1936. Un nuevo relato. Contará coa asistencia dos coordinadores Lourenzo fernández, Antonio Miguez e Dolores Vilavedra, que serán interpelados pola xornalista Belén Regueira.

 

O acto, organizado polo Ateneo de Santiago, será presentado por Xosé Ramón Pousa

 

Sobre a publicación:

 

Neste libro queremos definir as bases para construír un novo relato porque o dispoñible, o dominante, non nos convence: pasou da vitoria á reconciliación, atopou ás vítimas pero aínda non é capaz de mirar aos verdugos nin de situar a superioridade da democracia fronte á ditadura. Como afrontar na conciencia pública do presente o período de guerra e ditadura é un reto maior que pon en cuestión a identidade histórica e política do actual Reino de España. A pesar do paso do tempo, corenta máis corenta anos, segue dominando un relato de guerra civil construído sobre a vitoria e a derrota dos seus protagonistas. Sobre a súa experiencia, intereses, posicións e explicacións políticas. Un relato manexado en última instancia polos vencedores: remodelado e acomodado a sucesivos presentes. Gañadores na guerra e no relato da vitoria. O seu é o relato dos verdugos

 

Sobre a presentación:

 

Data: 24 de maio de 2022

Hora: 19:30 h

Lugar: Rúa do Vilar, 19

Participantes: Lourenzo Fernández, Antonio Miguez e Dolores Vilavedra, como autores. Belén Regueira, xornalista. Presenta Xosé Ramón Pousa

Documentos