HISTAGRA consegue un contrato Post doutoral da Xunta de Galicia. Modalidade B

HISTAGRA consegue un contrato Post doutoral da Xunta de Galicia. Modalidade B

 

 

O grupo HISTAGRA ven de conseguir un contrato tipo "Axudas para completar a etapa de formación Posdoutoral”, da Xunta de Galicia. 

O investigador do Grupo Carlos Benítez Trinidad desenvolverá o proxecto “Indixenismo desarrollista e mobilización indíxena no Brasil contemporáneo: imaxinarios sociais, conflitos medioambientais e loita política", entre 2022 e 2024.

 

Carlos Benítez Trinidad (Cádiz, 1986) é Doutor en Difusión Coñecemento pola Universidade Federal da Bahia (2017) e Doutor en Historia de América pola Universidad Pablo de Olavide (2017), coa tese Un espejo en medio a un teatro de símbolos: el indio imaginado por el poder y la sociedad brasileña durante la dictadura civil-militar (1964-1985). Fundador da revista-red Iberoamérica Social, ten realizado estancias de investigación na Estación Científica Amazónica Juri Juri Kawsay da Universidad Central de Ecuador e na Fundação Nacional do Índio en Brasil. Actualmente é investigador contratado pola Universidade de Santiago de Compostela integrado no grupo HISTAGRA, é tamén membro dos grupos de investigación internacionais Agricultura comparada e Agricultura Familiar da Universidade Federal da Bahia e Integración histórico cultural, desarrollo y derechos humanos en América Latina da Universidad Pablo de Olavide.


As súas liñas de investigación son: historia dos imaxinarios e as mentalidades, as narrativas nacionais en contextos fortemente influenciados pola experiencia colonial (sexa como colonizadores ou como colonizados) así como as relacións interétnicas e de dominación surxidas a partires delas  no Mundo Atlántico do s. XX. Actualmente desenvolve un proxecto para o estudo comparativo das narrativas do luso-tropicalismo portugués e a democracia racial brasileña e o seu impacto no colonialismo tardío portugués e na formación do imaxinario social e cultural contemporáneo de ambas sociedades.