Seminario de HISTAGRA: The contest: Atheist techniques of vision in India

Novo Seminario do Ciclo de HISTAGRA. Jacob Copeman, The contest: Atheist techniques of vision in India

 

O próximo xoves día 7 de abril ás 12 h., o investigador da USC-CISPAC, Jacob Copeman ofrecerá o Seminario The contest: Atheist techniques of vision in India.  Será no CISPAC (Edificio Fontán, CdC), Seminario 103.

 

Datos:

 

Data: 7/04/2022

Título: The contest: Atheist techniques of vision in India

Relator: Jacob Copeman

Hora: 12 h           

Lugar: Edificio Fontán – CISPAC. Cidade da Cultura de Galicia. Seminario 103

 

Sobre o autor:

 

Jacob Copeman é Investigador Distinguido (Oportunius) na Universidade de Santiago de Compostela. A súa monografía máis recente, en coautoría con Dwaipayan Banerjee, é Hematologies: The Political Life of Blood in India (Cornell University Press 2019). É IP do proxecto financiado por ERC 'A relixión e os outros no sur de Asia e o mundo: comunidades, debates, liberdades'. A súa investigación tamén foi financiada polo Consello de Investigación Económica e Social do Reino Unido, o Leverhulme Trust e a Academia Británica.

 

Sobre o proxecto:

 

Examina as formas nas que os individuos e as comunidades suscitan, ao aberto ou en transcricións máis ocultas, preguntas sobre as normas relixiosas dominantes no sur de Asia. Aínda que este proxecto está baseado etnográficamente no sur de Asia, tamén se estende máis aló desta rexión para examinar as implicacións globais dos debates e accións críticas que se están a levar a cabo alí.  

 

Saber máis:

 

http://cispac.gal/

 

https://sites.google.com/view/jacob-copeman/home

 

Documentos