I Congreso Internacional Historia con Memoria na Educación. Pamplona, 10-12 de novembro de 2022

HISTAGRA colabora no I Congreso Internacional Historia con Memoria na Educación. Pamplona, 10-12 de novembro de 2022

 

Entre o 10 e o 12 de novembro de 2022 terá lugar en Pamplona a celebración do I Congreso Internacional Historia con Memoria na Educación. HISTAGRA colabora na súa organización

 

Esta reunión vai dirixida a docentes de todas as etapas educativas que queiran partillar os seus proxectos docentes ou de centro ao redor da memoria da violencia desatada tras o golpe militar de 1936, a guerra e a ditadura franquista e tamén na Transición. Proxectos que en numerosos centros educativos son de carácter transversal e implican a docentes de diferentes áreas que entenden que o traballo educativo coa memoria non se restrinxe unicamente ao profesorado de Historia (que tamén: a historia con memoria), senón que apela a toda a comunidade educativa en canto que se dota á historia con memoria dun uso público até transformarse nunha ferramenta fundamental para construción da cidadanía. Proxectos, ademais, que contribúen a renovación didáctica en canto que axudan a pensar historicamente, a aprender dialogando, a superar as ataduras da división disciplinar por materias, a incorporar os problemas sociais do presente ás aulas.

 

Propomos as seguintes áreas para o diálogo e o debate e para partillar experiencias didácticas:


Historia con memoria como escola de cidadanía.
Proxectos de centro ao redor da memoria.
Arquivos, fontes orais e didáctica da memoria.
Lugares de memoria. Experiencias didácticas.
Proxectos de investigación e difusión. Experiencias didácticas.
Linguaxes e expresións artísticas da memoria: fotografía, documentais, cómic, teatro, danza.
Experiencias didácticas.


Se queres presentar a túa experiencia neste congreso, debes enviar a congreso.historia.con.memoria@navarra.es unha mensaxe co teu nome, datos de contacto, centro educativo no que se teña desenvolvido e un pequeno resumo (100-150 palabras) da túa proposta. Todo elo antes do 14 de abril de 2022

 

Web do congreso:


https://memoriahistorica.educacion.navarra.es/congreso-historia-con-memoria-en-la-educacion

 

Documentos