Open Call para o I Congreso Internacional da Rede Galega de Estudos Queer

HISTAGRA no I Congreso Internacional da Rede Galega de Estudos Queer

 

O Grupo de investigación HISTAGRA participa a través da investigadora Daniela Ferrández e do investigador/colaborador Francisco G. Quiroga na organización do  I Congreso Internacional da Rede Galega de Estudos Queer

 

Os estudos  queer/cuir e  LGBT+ crecen cada día contando cada vez con máis referentes, obras e correntes de pensamento aos que recorrer. Esta expansión implica tamén a necesidade de creación de novos espazos académicos accesibles a todas as persoas que mostren interese por estes temas, sobre todo en momentos políticos coma os que vivimos que fan estes lugares de encontro máis necesarios que nunca.

 

Por ese motivo  a Rede Galega de Estudos Queer avoga pola creación de lugares de debate en Galiza, lonxe de grandes metrópoles como Madrid ou Barcelona onde este tipo de foros son máis habituais. No congreso “Corpos, xénero e sexualidade” recollerase tanto a diversidade de pensamentos xurdidos entre os seus límites políticos como daqueles procedentes doutros lugares. Preséntase así unha iniciativa con vocación internacional que permita reflexionar sobre a posibilidade de xerar unha corrente queer galega e, ao mesmo tempo, permita establecer encontro e debate con persoas de outros lugares.

 

Datas importantes:

 

Envío de abstracts:

2 de decembro a 15 de xaneiro de 2022

 

Data límite de resolución

30 de xaneiro de 2022

 

Inscrición de non conferenciantes:

16 de xaneiro a 1 de marzo de 2022

 

Celebración do congreso:

Días 11, 12 e 13 de marzo de 2022

 

A quen vai dirixido:

Este congreso está dirixido a persoas que realizan traballos de investigación relacionados cos corpos, o xénero e/ou a sexualidade desde unha perspectiva queer. Está aberto a traballos de investigación de calquera etapa, e priorizaranse aqueles proxectos desenvolvidos ou enfocados na Galiza, aínda que está aberto a outras contribucións.

 

Comunicacións:

Para presentar unha comunicación deberás enviar, antes do 15 de xaneiro, un resumo da túa investigación de entre 250 e 300 palabras que recolla os seguintes puntos: obxectivos, resultados e conclusións. As comunicacións poderán realizarse en galego-portugués, castelán e inglés nas súas distintas variedades. Se desexares facer a tua comunicación noutra lingua, contacta connosco a través do correo electrónico.

 

Cada participante contará con entre 15 e 20 minutos para expoñer o seu traballo. Este límite será ríxido porque consideramos que o respecto aos tempos constitúe unha práctica feminista e queremos evitar que calquera compañeira saia perxudicada como resultado de dinámicas de poder, moitas veces imperceptibles, e unha mala xestión dos tempos.

 

O programa provisional

https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/programa/

 

Áreas temáticas:

As áreas temáticas propostas para as comunicacións son: educación, filosofía, socioloxía, antropoloxía, lingüística, arquitectura e urbanismo, teoría decolonial, teoría crip, feminismo interseccional, historia, arte, ciencias naturais, produccións audiovisuais e representacións culturais, poliamor e outras formas de relación.

 

Máis información en https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/inscricion-e-comunicacions/

 

 

Documentos