Conferencia Pasados Incómodos: Carlos Benítez Trinidad

Nova conferencia do Ciclo Pasados Incómodos 2021-2022

 

O próximo xoves dia 25 de novemebroás 12 da maña, ó investigador de HISTAGRA Carlos Benítez Trinidad, investigador Posdoutoral de HISTAGRA ofrece a conferencia 

 

Brasil não pode parar só para resguardar uma raça já em extinção: indígenas e indigenismo no autoritarismo desenvolvimentista brasileiro

 

 

 

Datos:

 

Data: 25/11/2021

Título: Brasil não pode parar só para resguardar uma raça já em extinção: indígenas e indigenismo no autoritarismo desenvolvimentista brasileiro

Relator: Carlos Benitez Trinidad

Hora: 12 h           

Lugar: Facultade de Historia. Aula 14

Conferencia presencial e por teams

 

Carlos Benítez Trinidad (Cádiz, 1986) é Doutor en Difusión Coñecemento pola Universidade Federal da Bahia (2017) e Doutor en Historia de América pola Universidad Pablo de Olavide (2017), coa tese Un espejo en medio a un teatro de símbolos: el indio imaginado por el poder y la sociedad brasileña durante la dictadura civil-militar (1964-1985). Fundador da revista-red Iberoamérica Social, ten realizado estancias de investigación na Estación Científica Amazónica Juri Juri Kawsay da Universidad Central de Ecuador e na Fundação Nacional do Índio en Brasil. Actualmente é investigador contratado pola Universidade de Santiago de Compostela integrado no grupo HISTAGRA, é tamén membro dos grupos de investigación internacionais Agricultura comparada e Agricultura Familiar da Universidade Federal da Bahia e Integración histórico cultural, desarrollo y derechos humanos en América Latina da Universidad Pablo de Olavide.
As súas liñas de investigación son: historia dos imaxinarios e as mentalidades, as narrativas nacionais en contextos fortemente influenciados pola experiencia colonial (sexa como colonizadores ou como colonizados) así como as relacións interétnicas e de dominación surxidas a partires delas  no Mundo Atlántico do s. XX. Actualmente desenvolve un proxecto para o estudo comparativo das narrativas do luso-tropicalismo portugués e a democracia racial brasileña e o seu impacto no colonialismo tardío portugués e na formación do imaxinario social e cultural contemporáneo de ambas sociedades.

 

Documentos