Miguel Anxo Seixas, Premio da Crítica de Investigación 2021

O colaborador de HISTAGRA Miguel Anxo Seixas, Premio da Crítica de Investigación 2021

 

Miguel Anxo Seixas Seoane, colaborador de HISTAGRA, e antigo doutorando do Grupo ven de ser recoñecido co  Premio da Crítica de Investigación 2021 pola obra Construtor da nación. Tomo II (1931-1939) 

 

 

O xurado salientou que a obra é resultado dunha investigación profunda e rigorosa que se achega á figura fulcral da cultura galega como foi Castelao. Máis alá da construción mítica, o traballo permite aprofundar, desde os feitos e as fontes, na personalidade de Castelao, poliédrica e complexa, iluminando a súa dimensión política, humana e artística.

 

Máis información:

 

https://histagra.usc.es/gl/persoas/36/miguel-anxo-seixas-seoane

 

http://premiosdacriticagalicia.org/2021/11/ditame-dos-premios-da-critica-de-galicia-2021/