Presentación Libro: A xustiza pola Man

Presentación Libro: A xustiza pola Man. Martes, 2 de novembro de 2021 na libraría Couceiro.

 

Hoxe martes día 2 de novembro ás 19:00 h. terá lugar a presentación da publicación, A xustiza pola man, editada polos investigadores de HISTAGRA Francisco J. Leira Castiñeira e Miguel Cabo Villaverde.

 

Na obra, amais dos editores, participan os investigadores de HISTAGRA, Ramón Villares, Lourenzo Fernández-Prieto, Xosé Ramón Veiga-Alonso, Enrique Carballo-Gende, Antonio Miguez-Macho, Roque Sanfiz Arias, Daniel Lanero Táboas, Ana Cabana Iglesia e Araceli Freire.

 

Sipnose:

«A xustiza pola man» achega unha panorámica sobre as formas de conflitividade e violencia cotiá na Galicia contemporánea. Partindo dunha óptica común, inténtase comprender a sociedade a través dos conflitos e dunha das súas posibles derivacións, a violencia, entendida esta non como unha manifestación de irracionalidade, senón como síntoma das oposicións e loitas de poder inherentes a calquera comunidade. En definitiva, preténdese expoñer unha visión afastada dos estereotipos que afondan nunha Galicia resignada aos designios do poder imperante

 

Datos:

 

Tipo de evento: Presentación de libro

Lugar: Libraría Couceiro. Praza de Cervantes. Santiago de Compostela

Hora: 19:00 h.

Participantes: Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de Historia Contemporánea da USC), Miguel Cabo Villaverde (PDI de Historia da USC e co-editor da publicación)

 

https://histagra.usc.es/es/publicacions/595/a-xustixa-pola-man-violencia-e-conflitividade-na-galicia-contemporanea