HISTAGRA no IV Foro Cultura y Ruralidades

HISTAGRA no IV Foro Cultura y Ruralidades

 

 

Os días 2 e 3 de xuño de 2021, os investigadores de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e David Fontán Bestilleiro, e o de GESPIC David Soto Fernández, participan no IV Foro Cultura y Ruralidades que organiza o Ministerio de Cultura a través da Dirección General de Industrias Culturales, Propiedad Intelectual y Cooperación do Goberno de España. Celébrase na localidade cacereña de Jarandilla de la Vera.

 

HISTAGRA presenta o Proxecto Ecosocial do Barbanza, no taller "Innovación pública. Laboratorios para la inteligencia territorial y la transición socio-ecológica o xoves 3 de xuño.

 

Sobre o IV Foro:

 

Como abordamos o papel das ruralidades fronte aos actuais retos ecolóxicos e climáticos? Antropoloxía e ecoloxía, cultura e natureza, unha conversación de ida e volta entre ambas, incorporando os prismas político, social, ético, epistemolóxico e económico. Esa é a proposta que expomos nesta cuarta edición a través de debates, diálogos e proxectos.

 

Sobre o Proxecto Ecosocial do Barbanza:

 

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto que mira ao pasado e presente das comunidades locais para impulsar os aproveitamentos sostibles do futuro. Trátase dun proxecto pioneiro no Estado, en tanto non existe ningún Laboratorio que combine ciencia e sociedade e que estea orientado á investigación e praxe en ecoagroinnovación. 

 

Máis información:

 

http://histagra.usc.es/es/novas/819/el-laboratorio-ecosocial-do-barbanza-anuncia-una-convocatoria-de-proxectos-semilla-para-la-promocion-de-3-iniciativas-sostenibles-e-innovadoras

 

https://culturayciudadania.culturaydeporte.gob.es/cultura-medio-rural/4-foro/presentacion.html

 

Documentos