HISTAGRA na xornada "As Brañas de Laíño, mudanzas impostas"

HISTAGRA na xornada "As Brañas de Laíño, mudanzas impostas"

 

Dodro acolle o martes 25 de maio a xornada “As Brañas de Laiño, mudanzas impostas” 

 

Ao longo do último ano o Grupo HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela, e a Fundación Ría levaron a cabo o proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Esta pioneria investigación-acción, que conta co apoio da Fundación Santander, tivo especial atención coas Brañas de Laiño, por ser este un espazo comunal no pasado.

 

Este proxecto mira ao pasado e ao presente das comunidades locais para impulsar os aproveitamentos sustentables do futuro, baixo esta premisa ven de editar a obra colectiva Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro, que se pode descargar de balde na web https://barbanzaecosocial.org/. Esta publicación recolle información de veciños e veciñas de Dodro que relataron a relación pasada e presente coas brañas, un traballo que procura non só reconstruír a memoria da comunidade, senón pensar nela en termos de transición ecosocial: que hai do pasado que poida ser recuperado para contribuír a unha transición socioecolóxica no territorio.

 

Ademais da presentación da publicación e do debate, no acto presentarase a convocatoria de proxectos Semente, cos que o Laboratorio apoiará cun máximo de 15000€ aqueles proxectos que apoien a sustentabilidade do territorio. A xornada pública terá lugar o martes 25 de maio no pavillón municipal de Dodro a partir das 19h e contará coa presenza do alcalde de Dodro, Xavier Castro, e os promotores do proxecto, o catedrático en historia agraria da USC Lourenzo Fernández Prieto, o investigador da USC David Fontán, e os membros da Fundación Ría, Manuel Gonzalez e Adrian Capelo

 

 

Documentos