O 14 de maio arranca en Ribadeo a estratexia participativa Eo Alimenta que dirixe o Grupo HISTAGRA

O 14 de maio arranca en Ribadeo a estratexia participativa Eo Alimenta

 

Tras un tempo traballando, anunciamos que o venres 14 de maio ás 17 no salón de plenos do concello de Ribadeo terá lugar o xornada pública de arranque da Estratexia Alimentaria do Eo. A estratexia alimentaria do río Eo (Ribadeo, Trabada, Barreiros, A Pontenova e Abres, Vegadeo, Castropol, Taramundi e Tapia de Casariego) é un convite para pensar entre todas e todos como se pode acadar unha alimentación máis san, xusta e sostible. Trátase dun proceso aberto co que a través de diferentes encontros irase trazando un plan coas accións correspondentes que axuden a conseguir un sistema alimentario máis sostible no territorio.

 

Nesa primeira sesión pública dárase conta do proceso asi como se procurará crear un grupo motor de traballo co que ir co-decidindo a estratexia alimentaria nos próximos meses. Seguirase a metodoloxía da Investigación-Acción-Partcipativa para acadarr a maior participación posible de todos os axentes interesados nunha alimentación máis sostible. A xornada deste venres desenvolverase en dúas horas e con ela abordarase en común cales son as princiapis problemáticas do sector alimentario local, e así poder ir dandolle respostas nas seguintes sesións. 

 

A Estratexia Alimentaria Participativa do Eo é impulsada polo Grupo HISTAGRA, e conta coa rede de socios co concello de Ribadeo, o Sindicato Labrego Galego, a Fundación Edes-Finca el Cabillón, O GDR Oscos Eo, o GDR Terras de Miranda, así como o Grupo GALABRA da USC e dispón ademais, do financiamento da prestixiosa entidade franco española Fundación Daniel e Nina Carasso. A web www.eoalimenta.org  irá recollendo todos os pasos que se vaian dando nesta pioneria estratexia alimentaria

Documentos