Pasamento de Elvira Varela Bao, colaboradora de nomesevoces.org e HISTAGRA

Pasamento de Elvira Varela Bao, colaboradora de nomesevoces.org e HISTAGRA
O 15 de xullo de 2020 faleceu a colaboradora de nomesevoces.org Elvira Varela Bao, filla do galeguista Benardino Varela e da republicana Elvira Bao, fundadora da Agrupación Republicana Femenina da Coruña.
Bernardino Varela Docampo (c.1889), galeguista, secretario de A Nosa Terra durante un periodo, e membro das Irmandades da Fala da Coruña desde 1918. Detido durante uns días no verán de 1936 non puido seguir exercendo de mestre na Escola Naval, fíxose comisionista.
Elvira Bao Maceiras (c.1891), –galeguista e presidenta da Agrupación Republicana Femenina, alternando presidencia e vicepresidencia con Amparo López Geán- mestra no Sanatorio de Oza, pasou tres meses no cárcere da Coruña e non puido recuperar o seu emprego de mestra.
Elvira Varela Bao faleceu aos 94 anos de idade, logo dunha vida dedicada a rescatar do esquecemento o legado da xeración que alumeou as Irmandades no 1916 na Coruña.