IX Colóquio Ibérico de Estudos Rurais

O IX CIER realizase en colaboración co XIII WCRS – XIII Congresso Mundial de Sociologia Rural (XIII World Congress of Rural Sociology – The New Rural World: from Crisis to Opportunities).

Celebrarase na cidade de Lisboa entre o 29 de xullo e o 4 de Agosto, no Instituto Superior de Agronomia – UTL.

A Asociación Española de Economía Agraria (AEEA) e a Sociedade Portuguesa de Estudos Rurais (SPER) teñen unha longa tradición de colaboración, especialmente na celebración exitosa do Coloquio Ibérico de Estudos Rurais (CIER), inicialmente denominado como "Coloquio Hispano-Portugués de Estudos Rurais".
A devandita actividade, de carácter plurianual, foise celebrando de forma alternativa nunha cidade de cada país. Iniciouse en Évora (Portugal), en novembro de 1988; o II CIER tivo lugar en Salamanca, en marzo de 1991; o III CIER en Lisboa (Portugal), en marzo de 1995; o IV CIER en Santiago de Compostela, en xuño de 2001; o V CIER en Bragança (Portugal), en outubro de 2003; o VI CIER en Huelva, en febreiro de 2006; o VII CIER en Coimbra (Portugal); e o último en Cáceres, en outubro de 2010.
Os temas elixidos como prioritarios en cada Coloquio fóronse adaptando ás cuestións máis relevantes en cada momento, 'destacando recentemente (século XXI) os lemas A multifuncionalidade do medio rural na Península Ibérica' en 2001, 'o futuro do territorio rural cunha Europa ampliada' en 2003, 'o papel das rexións nas economías rurais' en 2006, a 'Cultura, Innovación e Territorio' en 2008 e 'Do Desenvolvemento Rural ao Desenvolvemento Territorial' en 2010.

 

Documentos