O Grupo HISTAGRA está presente na EURHO 2019 que se celebra en París (10-13 setembro 2019)

HISTAGRA NO EURHO 2019 DE PARÍS

Os investigadores do Grupo HISTAGRA Alba Díaz Geada, Lourenzo Fernández Prieto, Daniel Lanero Táboas, Miguel Cabo Villaverde e Telmo Otero Rodriguez presentan traballos de  investigación no EURHO 2019 que se celebra en París entre o 10 e o 13 de setembro de 2019.

As conferencias de EURHO son reunións internacionais multidisciplinarias destinadas a todos os investigadores cuxo obxectivo é promover un diálogo entre os investigadores de historia rural e que pretenden superar as fronteiras nacionais, cruzar as barreiras cronolóxicas e romper os límites disciplinarios.

Trátanse temas como a oferta, as relacións de poder, de xénero, el benestar social e as melloras tecnolóxicas e científicas no marco histórico da agricultura e a sociedade rural e a relación entre a cidade e o campo.

Máis información:

https://www.ruralhistory.eu/conferences/rural-history-2019

Documentos