Daniela Ferrández consegue unha bolsa de Investigación da Deputación de A Coruña
A investigadora de HISTAGRA Daniela Ferrández Pérez ven de recibir unha bolsa de investigación da Deputación da Coruña para 2018-2019.
A investigadora Daniela Ferrández Pérez gañou unha das bolsas da Deputación da Coruña 2018 na área de estudos de xénero. O traballo que desenvolverá será "Integración da muller nos partidos políticos da provincia de A Coruña (1973-1989), cunha cuantía de 8.000 Euros.
A investigadora:
Daniela Ferrández (Almoradí, 1988) é licenciada en Historia (2013 UA) e Máster en Historia Contemporánea (2014 USC). Actualmente realiza a súa tese sobre o clientelismo político na II República desde unha perspectiva comparada (Galicia-Comunidad Valenciana).
As súas liñas de investigación son o clientelismo político durante o primeiro tercio do século XX; a democratización da sociedade rural e a represión franquista.