Membros de HISTAGRA coordinan un dossier da revista ayer

Os investigadores de HISTAGRA Aurora Artiaga Rego e Lourenzo Fernández Prieto, coordinan o dosier do número 111 da revista Ayer dedicado aos Soldados na fronte


Resumo:
Un golpe de Estado non precisa soldados nin voluntarios, tan so a correcta execución dun acto de forza. Pero no tempo das masas é necesario convertilo en masivo, nun plebiscito armado, no que os voluntarios desempeñan un papel esencial de xustificación e corroboración en canto o golpe se converte en guerra.

O obxectivo do monográfico é dar a coñecer algunhas investigacións recentes sobre a actuación dos soldados na guerra civil, un asunto do que hai máis tópicos, propaganda e ideas recibidas que historiografía. Enfoques relativamente actuais para unha nova fundamentación historiográfica, unha reconsideración metodolóxica e unha aproximación inicial case positiva para deconstruír estereotipos dominantes. Investigacións baseadas nun acervo de fontes tan abundante como aínda pouco explotado permítennos fuxir da visión que os comisarios políticos e os alféreces provisionais legaron á historiografía para achegarnos aos actores da guerra máis alá da análise do discurso. Trátase de superar os marcos da propaganda bélica e política como referente historiográfico dominante e de substituílos pola indagación con fontes primarias


Máis información en anexos

Documentos