Participación dos membros de Histagra en Cursos, Congresos e Coloquios de carácter internacional

Os membros do Grupo Histagra participarán nos próximos meses en diferentes cursos, congresos e coloquios de carácter internacional.
Lourenzo Fernández Prieto e Daniel Lanero Táboas participarán no II Congreso Galeusca-Historia, que se celebra os días 2 e 3 de xullo en Bilbao, a través do Proxecto ‘Nacionalismo co proceso de nacionalización en Galicia e España’, do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC.
Miguel Cabo Villaverde, Lourenzo Fernández Prieto e Daniel Lanero Táboas participarán na sesión “Cooperatives and associational networks. A comparative analysis, 19th-20th centuries” no marco do XVIth World Economic History Congress 2012, en Stellenbosch, Sudáfrica, que terá lugar entre os días 9 e 13 de xullo de 2012. A comunicación levará por título: Agricultural Cooperativism in Atlantic Spain: an overview (1890-1942)