Nova publicación dun membro de HISTAGRA
Lourenzo Fernández Prieto, IP de HISTAGRA ven de publicar o capítulo "El proceso económico" na obra colectiva dirixida por Jordi Canal, Historia Contemporánea de España.
Lourenzo Fernández Prieto leva a cabo o capítulo relativo á análise do devir económico entre 1875 e 1931, prestando especial atención á depresión agraria do século XIX e innovación no XX, a primeira industrialización e as políticas do estado relativas á economía.
Referencia:
Fernández Prieto, L. (2017): "El proceso económico", en Canal, J. (dir.), Historia Contemporánea de España, Barcelona, Taurus, p. 687-740
Máis información: http://histagra.usc.es/es/publicacion/el-proceso-economico/