Seminario "Avaliación do impacto económico e territorial dos indicativos de calidade no ámbito agroalimentario. Unha visión internacional"

O Grupo HISTAGRA colabora na organización do encontro "Avaliación do impacto económico e territorial dos indicativos de calidade no ámbito agroalimentario. Unha visión internacional", que se celebra na Facultade de Xeografía e Historia o día 9 de xuño na Aula 14. Esta colaboración enmárcase dentro das actividades conxuntas que os grupos de investigación da Agrupación Estratéxica Bioeconomía, Emprendemento e Territorio Beta+ están a desenvolver ao longo de 2017. Nesta ocasión, amais de HISTAGRA, participa o grupo de Análise Territorial, ANTE.

 

Sobre a Xornada:
Expertos internacionais explicarán a experiencia nos seus respectivos países. Así, o profesor Giovanni Belletti, da Universidade de Florencia, abordará na súa intervención o impacto dos selos de calidade en produtos agroalimentarios dende o punto de vista da economía e a sustentabilidade. O profesor da Universidade Federal de Bahía, Alcides dos Santos Caldas, falará das indicacións xeográficas no Brasil e das súas posibilidades de desenvolvemento territorial. Leonardo Granados, profesor da Universidade Nacional de Costa Rica, comentará a implementación de indicacións xeográficas de produtos agroalimentarios e artesanais en Costa Rica. Pola súa parte, Ricardo Rivas, xefe do Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural, incidirá sobre a experiencia dos produtos de calidade diferenciada en Galicia.
O programa do seminario complétase cunha visita ao consello regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega e con encontros con produtores e elaboradores das denominacións de orixe Pemento de Herbón e dos queixos Arzúa-Ulloa e Tetilla

Máis información:
http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/21710/expertos-convocados-pola-xunta-falaran-impacto-economico-territorial-dos-indicativos

http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/2017/ingacal/seminario_impacto_economico.pdf

Documentos