Margarita Barral Martínez publica EUGENIO MONTERO RÍOS. A Restauración e o urbanismo clientelar en Santiago de Compostela

Acaba de publicarse o libro da membro de HISTAGRA Margarita Barral Martínez (en co-edición con Pablo Costa Buján), EUGENIO MONTERO RÍOS. A Restauración e o urbanismo clientelar en Santiago de Compostela. Unha obra publicada pola deputación da Coruña.

SOBRE O LIBRO:
Co centenario do falecemento de Eugenio Montero Rios, Margarita Barral e Pablo Costa levan a cabo un estudo sobre a Compostela dos anos en que o prócer ocupara as máis altas instancias do Estado: "o monterismo como exemplo de plataforma política". A publicación abrangue distintos aspectos, todos eles vinculados ao relato da traxectoria vital e política do personaxe, un dos máis singulares na historia do país durante a Restauración e que axudou a transformar o vello perfil da cidade compostelá.

SOBRE A AUTORA:
Doutora europea en Historia con Premio extraordinario pola Universidade de Santiago de Compostela (2005) e Máster en Estudos da Unión Europea da Universidade de A Coruña (2004-2005). Foi galardoada co premio Galicia Investigación (2009) e actualmente traballa como profesora no departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.É investigadora do Grupo HISTAGRA

Documentos