A exposición 80 anos, Santiago 1936 pecha cun notable éxito de visitantes

A exposición 80 anos. Santiago 1936, organizada polo Grupo HISTAGRA,  o Grupo de Investigación de Historia da Literatura Galega  (USC) e o concello de Santiago de Compostela ven de superar os 2.663 visitantes desde que fora inaugurada o pasado 7 de xullo até o momento do seu peche o pasado 9 de outubro.

Esta exposición pretendeu explicar como puido en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza.  E quixemos facelo cun novo relato elaborado a 80 anos daquel pasado incómodo, feito dende a historia e marcado pola memoria.

A exposición ao longo deste periodo e grazas ás 2663 visitas aacdou unha recaudación superior aos 1500 euros.

Documentos