Convocatoria do Programa Principia (Xunta de Galicia)

O Grupo de Investigación HISTAGRA (Universidade de Santiago de Compostela), chama á presentación de candidaturas para concorrer a un contrato, con duración mínima dun ano, no marco do Programa Principia da Xunta de Galicia.

As persoas candidatas deben contar cunha titulación media ou superior e ser menores de 35 anos no momento da sinatura do contrato. Valórase a experiencia laboral previa, mais os aspirantes non poden ter sido contratados pola USC durante o ano 2016.

As actividades de I+D realizadas pola persoa contratada (Anexo II da convocatoria) deben estar aliñadas cos Retos e Prioridades Estratéxicas establecidos na RIS3 para Galiza (Anexo III da convocatoria). O traballo que vén realizando o Grupo de Investigación HISTAGRA entronca particularmente co Reto 1 e, dentro deste, coa Prioridade 4. As persoas interesadas en que o Grupo de Investigación HISTAGRA apoie a súa candidatura, deben presentar a súa proposta a dito grupo ata o venres 8 de xullo.

Contacto: histagra@usc.es<mailto:histagra@usc.es>

As bases da convocatoria poden consultarse na seguinte ligazón (DOGA 113, 15/06/2016): http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160615/AnuncioG0198-020616-0002_gl.html