O último número da Revista de Historia inclúe un dossier coordinado por Lourenzo Fernández Prieto e Wilson Picado Umaña

Xa está dispoñible o último número publicado da Revista de Historia (Universidad Nacional, Costa Rica), que inclúe un dossier sobre "O valor e a aplicación da Historia no presente", coordinado polo IP de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto y o Colaborador Externo do Grupo Wilson Picado Umaña.

O debate sobre a función social da Historia segue aberto, ou mellor dito, estase a reabrir no actual contexto de globalización e de crise. O denominado “xiro cultural”, especialmente presente nas nosas academias a partires da década de 1990, e ol auxe recente de campos emerxentes como a Historia Ambiental ou os estudos sobre subxectividades recuperaron,  en sentidos distintos -e en ocasións, contrarios-, a discusión sobre a lexitimidade e a validez do coñecemento histórico para interpretar o mundo do presente, así como para contribuir á transformación sociopolítica e ao melloramento das condicións de vida na sociedade moderna.


Lourenzo Fernández Prieto e Wilson Picado coordinan este número. Amais, Fernández Prieto colabora co traballo, "Historia aplicada para conocer el pasado incómodo de golpe, guerra y dictadura en España. Historia bajo demanda: el proyecto Nomes e Voces sobre las persecuciones de 1936-1940 en Galicia" e Wilson Picado co artigo (xunto a Carlos Cruz Chaves), El bosque seco en llamas. Estructura agraria y ecología política del fuego en Costa Rica.