Pepe Sendón presenta a obra: 'Falando claro'

FALANDO CLARO é unha reconstrución da vida aventureira dun personaxe único a través dos textos que nos deixou. Por medio deles transitaremos pola Semana Tráxica arxentina, polos anos 20 neoiorquinos, polo Crack de 1929 e a posterior Grande Depresión, pola vitalidade dos primeiros días da República e o agre Bienio Negro, por insólitos episodios do anarquismo galego, polos ominosos días previos á sublevación militar e, finalmente, pola Guerra
Civil española.
As palabras dun rebelde, deste afouto rebelde de Louro, libertarias e radicais, agudas e retranqueiras, dramáticas e emocionantes, serán a nosa guía para coñecer unha figura novelesca que malia parecer de outro mundo, é do noso; e para revisitar unha parte moi importante do noso pasado, que malia parecer outra historia, tamén é a nosa.
Data, lugar e hora de representación:
Venres 27 febreiro 2015 ás 12:00 h
Paraninfo da Facultade de Historia
ENTRADA LIBRE ATÉ COMPLETAR AFORO