O primeiro número da revista Luzes adica unha reportaxe a dúas das últimas publicacións de HISTAGRA

O primeiro número da revista Luzes (decembro, 2013) adica unha reportaxe a dúas das últimas publicacións de HISTAGRA.

En "Nin submisa nin heroína" (páxinas 102 a 105), a historiadora e xornalista Montse Dopico analiza ás aportacións que á interpretación das actitudes sociais e da conflitividade no mundo rural galego durante o franquismo e a transición á democracia, teñen feito dous recentes libros da autoría de membros do Grupo de Investigación HISTAGRA: La derrota de lo épico, Valencia, Publicaciones de la Universitat de València (PUV), 2013 de Ana Cabana Iglesia e Por surcos y calles. Movilización social e identidades en Galicia y País Vasco (1968 - 1980), Madrid, Los Libros de la Catarata, libro colectivo editado por Daniel Lanero Táboas, no que participan varios membros do Grupo HISTAGRA.